LAS PELÍCULAS DE TÂNIA DINIS

PROGRAMA

Domus | Domingo 28 de maio | 17:00 horas | Entrada libre a todas as sedes ata completar o aforo. Non será posible acceder ás salas unha vez empezada a proxección. 

O traballo de Tânia Dinis, artista portuguesa que este ano estará a cargo do obradoiro de inclusión social Xpresa, bebe do arquivo familiar propio e alleo para a construción das súas pezas. Por veces en forma de performance e outras en forma de película, Dinis debulla a memoria íntima e as súas raíces indisolubles co colectivo e coa idiosincrasia do pobo. Nesta sesión poderemos ver algúns dos seus traballos como aperitivo ao labor didáctico que desempeñaremos con ela, da man das entidades colaboradoras de Xpresa, ADCOR e Asperga.

NÃO SÃO FAVAS, SÃO FEIJOCAS
Tânia Dinis, 2013, super 8 a vídeo, 10 min

«Conflito xeracional de persoas que viven do campo, para o campo. A miña avoa e eu. A confrontación da imaxe con aqueles que están representados nela.» (Tânia Dinis)

LINHA
Tânia Dinis, 2015, super 8 a vídeo, 3 min

Linha, unha experiencia do tempo que pasa e do tempo que non pasa nunha lembranza que se expande no espazo. 

ARMINDO E A CÂMARA ESCURA
Tânia Dinis, 2018, vídeo, 20 min

Armindo Carvalho é o meu avó de Vila Nova de Famalicão. Dedicou toda a súa vida á fotografía e en 1969 sacou a licenza profesional. Deixou constancia da súa familia e da familia doutros. Percorreu varias cidades e aldeas da rexión de Braga, Famalicão e Guimarães entre outras, a rexistrar eventos e varias cerimonias. Armindo e a Câmara Escura é un traballo de reexamen dos seus recordos familiares a través das imaxes. (Tânia Dinis)

LURDES
Tânia Dinis, 2044, super 8 vídeo, 4 min

Un filme-ensaio sobre o que fica alén da memoria que se perde, unha memoria no corpo, talvez. Pensei niso o día en que o meu avó me deixou soa coa miña avoa e me decatei de que ela xa non me coñecía.