JOHN PORTER, JEANNE LIOTTA, BRUNO VARELA E ELS VAN RIEL PROTAGONIZAN A PROGRAMACIÓN DA XVII MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO

Mai 6, 2026 | Destacados, Novas

Anunciamos os primeiros nomes dunha edición que se celebra entre o 2 e o 7 de xuño, reunindo na Coruña a referentes internacionais do cine de vangarda europeo e americano.

De esquerda a dereita, John Porter, Els van Riel, Jeanne Liotta e Bruno Varela

A XVII Mostra Internacional de Cinema Periférico desvela os primeiros nomes do cine de vangarda internacional que acudirán ao festival que se celebra na Coruña entre o 2 e o 7 de xuño de 2026. John Porter, Jeanne Liotta, Bruno Varela e Els van Riel serán os protagonistas de retrospectivas, proxecciones inéditas e incluso, no caso de Varela e van Riel, a estera  das súas últimas películas. Así, a Mostra será unha oportunidade única de descubrir o seu cine proxectado no formato orixinal, e no caso de Porter, coa interacción do artista durante a proxección, o que convirte cada sesión nunha experiencia irrepetíbel.

JOHN PORTER, O REI DO SUPER 8

Activista underground do cine analóxico no continente americano e figura de culto en Canadá, John Porter (Canadá, 1948) —protagonista do documental King of Super 8 de Anthony Wegner (2025)—, leva filmando de maneira ininterrompida neste formato desde 1968. A súa obra representa un fito creativo no uso do Super 8 para o cinema experimental, ao que lle confire características artísticas propias, convertendo as limitacións en virtudes, e facilitando a sensibilidade e a imaxinación.

Porter é un impulsor do cinema analóxico e un dos responsables de que Toronto sexa unha capital mundial do cine de vangarda, con salas de proxección, laboratorios e unha dinámica escena creativa coa que está moi comprometido. De feito, apenas ten viaxado a proxeccións das súas películas no estranxeiro, polo que a súa presenza na Coruña será unha oportunidade irrepetíbel para ver algunhas das súas máis de 300 obras, a maioría sen dixitalizar. É o caso de Santa Claus Parade (1976) ou Cinefugue 4 (1980), que se proxectarán en Super 8. 

Sendo o primeiro foco que recibe nun festival en España, o seu paso pola Mostra culminará nunha sesión de clausura con algunhas das súas aclamadas film performances. Entre elas, Scanning 8 (2016) ou Shoot Out with Rebecca (1983), coas que o autor interactúa durante a proxección. A súa presenza no (S8) foi destacada polo propio Porter como a súa despedida da escena internacional.

John Porter en King of Super 8 (2025), de Anthony Wegner | Cinefuge 4 (1980) e Firefly (1980), de John Porter

JEANNE LIOTTA, DESCUBRINDO O COSMOS

Jeanne Liotta (E.U.A., 1960) é unha artista visual e performer neoiorquina vinculada ao Anthology Film Archives. Icona da escena underground e de vangarda dende os años 80, iniciou a súa traxectoria noutras artes como el teatro e a fotografía, ata que a liberdade dos formatos analóxicos domésticos a levaron a realizar a súa primeira película Blue Moon (1988) feita en Super 8 e que formará parte do foco que se lle dedica na Mostra.

Cunha extensa obra marcada pola relación entre filosofía, cine e cosmos, a súa filmografía sempre parte dunha observación atenta e prolongada do firmamento, materializándose en películas que activan unha sensación de descuberta en quen as mira. Esta formulación é máis profunda, se cabe, nas súas obras dedicadas aos astros, que protagonizan o foco que lle fai o (S8), con títulos como Muktikara (1999), Observando el cielo (2007), Affect Theory (2013) ou Loretta (2003), proxectadas todas elas no seu formato orixinal en 16 mm.

Jeanne Liotta e imaxes das súas obras Observando el cielo (2007)​ e Muktikara (1999)

BRUNO VARELA, CONEXIÓN PRECOLOMBINA

Cunha obra analóxica multiformato amplísima, Bruno Varela (México, 1971) é un dos grandes innovadores do cine de vangarda en México e América Latina, non só desde o punto de vista da creación, se non tamén do pensamento, pivotando entre o chamanismo, o futurista e o político. É un continuador da obra do creador granadino José Val del Omar, unha das figuras históricas do cine experimental español que o (S8) contribuíu a difundir, e a cal conecta coa la cultura precolombina. 

Na XVII edición do (S8) Varela protagonizará dúas sesións retrospectivas con obras realizadas en múltiples formatos, incluso de forma combinada. É o caso de Anáhuac contra los robots (2024), unha peza performativa rodada en dixital, 16 mm, Super 8 e Betacam SP, a cal será proxectada nos formatos orixinais. Outras películas do foco son Políptico elemental (2016), Bucle (1992-2002) e Polen negro (2025), que terá aquí as súa estrea mundial proxectada en 35 mm con sonorización en directo.

O programa de Bruno Varela no (S8) inclúe un espazo permanente na Fundación Luis Seoane, onde haberá unha instalación sobre a súa obra. Toda a proposta está comisariada polo investigador Byron Davies, contando co apoio da Acción Marie Skłodowska-Curie (MSCA) Materialism and Geographic Specificity in the Philosophy of Film da Universidad de Murcia, e financiada pola Unión Europea.

Bruno Varela e fotogramas de Bucle (1992-2002) e Anáhuac contra los robots (2024)

ELS VAN RIEL, ESTUDOSA DA LUZ

Cineasta, estudosa da luz e da óptica, Els Van Riel (Bélxica, 1965) é desde hai anos un referente no panorama europeo de creación e exhibición de cine en formatos analóxicos, estando vinculada a diferentes espazos culturais e laboratorios autoxestionados como Cinema Parenthèse e LABO BXL, ambos en Bruxelas. De feito, o seu cine incorpora elementos que profundizan na mecánica fílmica, investigando o comportamento dos dispositivos.

Coas súas creacións e activismo cultural, van Riel ten impulsado movementos artísticos de vangarda e a súa obra será todo un achado para o público do (S8). Nas sesións que lle dedica o festival poderanse ver no seu formato orixinal de 16 mm, Gradual Speed (2013), Unwritten Page (2001) e Fugue: A Light’s Travelogue (2017). Tamén será a estrea en España da súa última película: Elliptic (2025), na que profunda na experimentación óptica que marca a súa obra.

Els van Riel e fotogramas de Fugue: A Light’s Travelogue (2017) e Gradual Speed (2013)

O (S8) conta copatrocinio da Concellería de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, e o apoio da Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Instituto da Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Acción Cultural Española (AC/E) e a Fundación Luis Seoane.

PUBLICACIÓNS RECENTES