EMOCIÓN, LUZ E CORPO NUNHAS PRIMEIRAS XORNADAS DO (S8) CON SALAS CHEAS E PROCECCIÓNS IRREPETIBLES

Xuñ 5, 2026 | Destacados, Novas

As primeiras xornadas da XVII Mostra de Cinema Periférico refrendan a vitalidade del cine de vanguardia, anticipando grandes momentos de cara aos días grandes do festival, cunha intensa programación.

Un momento da estrea mundial de Descubro el rayo, tus ojos tiemblan, de Guillermo Braga. FOTOS: Andrea R. e A. Morandeira.

«Unha experiencia única». «Sentinme como unha partícula no universo». «Foi moi intenso, a imaxe, o son e sobre todo o corpo da artista, notábala presente». Estas foron algunhas das reflexións das máis de cen persoas que tiveron a oportunidade de asistir á proxección de Jeanne Liotta coa que o pasado martes se inaugurou a XVII Mostra de Cinema Periférico da Coruña. O seu título, Path of Totality, non podía ter máis sentido, pois fai referencia ao área cunha mellor visibilidade para a observación dunha eclipse total como a que se vivirá en Galicia o próximo mes de agosto. Ata entón, o xogo da luz que aparece e se oculta, pertence ao cine soñado polos máis de oitenta artistas que presentan as súas obras neste (S8). Algunhas xa o fixeron, e isto é que levamos vivido.

Sesión especial de apertura na Filmoteca.

AS FIGURAS INTERNACIONAIS

O (S8) é como un sobresalto cinematográfico no que en canto decidiches que unha película é o máis arrebatador ou poético ou singular que viras nunca, comeza a seguinte e xa cambiaches de idea. Era esa. Ou a próxima. Ata que o que cobra sentido é o conxunto. Cada programa é froito do meticuloso traballo de curadoría que o equipo de programación afronta cada ano. E non só eles. Nesta ocasión, detrás dos programas de Bruno Varela estuvo a mirada de Byron Davies, quen planificou ao detalle un ataque conmovedor directo ás entrañas da audiencia valéndose ademais da música en directo de Chago e Che Garrido, de Colapso Colectivo, a quenes Varela acompañou ao baixo.

Bruno Varela con Chago e Che Garrido durante a proxección. Abaixo con Byron Davies.

Tiveron que pasar varias horas para que o impacto do cinema estruc-rural de Bruno Varela asentara, deixando paso a outra textura, unha experiencia visual tan mecánica como abstracta. é o que avanzaba o programa de Els van Riel e non defraudou. Capa a capa as súas películas amosan matices insospeitados no aparentemente banal, detalles só perceptibles cando son proxectadas no seu formato orixinal analóxico, algo que no (S8) é máis que unha aposta, é practicamente a razón de ser do festival. E por muchos motivos, se ben nesta edición destaca un sobre os demais: se non se proxectaran en Super 8 xamais poderiamos ter visto as  películas de John Porter. 

O público sabía que unha sesión do Rei do Super 8 canadense con el na sala interactuando coa proxección era unha ocasión irrepetible. Así que a cola diante da Filmoteca de Galicia comezou a formarse una hora antes, algo que sen dúbida compensou a aqueles que conseguiron unha butaca. Das películas de Porter —esta sesión incluía obras filmadas entre 1976 e 2016— só existe unha copia, a que el mesmo proxecta introducindo o contido e contaxiando o mesmo espírito lúdico que transmite en cada toma. Lúdico e radical, pois nin sequiera nesta ocasión permitiu que quedara rexistro dixital das súas imaxes. O dito, irrepetible.

Els van Riel, John Porter e público da Filmoteca.

O CINEMA DO FUTURO

Está vivindo o cine analóxico unha revolución? Si. Ou que alguén explique se non a diversidade, experimentación, busca e ruptura da convención que temos atopados nos programas de Sinais. Propostas desprexuizadas feitas nos dous últimos anos en Galicia, España e Portugal, onde a cualidade analóxica non implica só ao formato, tamén a mirada, ao proceso. Cineastas novos que pasaron polas salas do festival non só a amosar, mais tamén a descubrir, atoparse e tecer unha rede de complicidades arredor desta paixón compartida. E poñendo o corpo, como fixeron Pablo Agma e Guillermo Braga, protagonistas da primeira noite de Desbordamentos, tamén en Sinais. Xa que se o analóxico é cada vez máis popular, tamén o é o performativo, o cinema creado en directo.

O remate desta primeira parte do (S8) puxéronna Los Caballos de Düsseldorf prolongando a súa proposta en Desbordamientos Sinais cunha intervención sonora implacable e rebuldeira. Agora, quedan por diante outros dous días de vangarda, emocións e ideas en forma de cinema experimental. Estamos listas.

Pablo Agma e Los Caballos de Dusseldörf.

PUBLICACIÓNS RECENTES