Nesta edición do (S8) a Film Farm viaxa á Coruña da man de Philip Hoffman, que impartirá un taller de catro días baixo a filosofía do que el chama o Process Cinema. Co 16mm como formato guía, e revelando con materiais ecolóxicos como flores silvestres e auga de mar, uns días únicos da man dunha das figuras esenciais do cinema artesanal e diarístico de Canadá.