
OPEN LAV é unha plataforma para a produción, o apoio e a difusión do cine experimental en formatos analóxicos, iniciada por Dziga Producciones en colaboración con LAV, e desenvolvida co apoio das Becas 2026 para a Modernización e Innovación das Industrias Culturais e Creativas do Ministerio de Cultura.
A través desta primeira convocatoria de propostas, OPEN LAV seleccionou catro proxectos baseados nunha concepción aberta e ampla do cine — películas, instalacións cinematográficas, performances audiovisuais ou outros formatos híbridos — producidos total ou parcialmente en película química (Super 8, 16 mm ou 35 mm).
O xurado estivo composto polo noso codirector, Ángel Rueda, xunto con Beatriz Navas (Secretaria Técnica do Programa Ibermedia e ex-directora do ICAA), Chema González (Xefe de Cine y Nuevos Medios en el Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía) e Ane Rodríguez (exdirectora de Tabakalera e das Residencias de Artistas de Matadero Madrid). Os catro proxectos seleccionados polo xurado foron: Aquel episodio continuará de Luis Lechosa, Mar inverso de Nicole Remy, El diablo Liebre de Rafael Guijarro e Tejer el movimiento do colectivo formado por Clara Borrell Vilanova, Almudena González e Susel Legón.

Os proxectos seleccionados formarán parte dun programa de produción e apoio de dez meses (de outubro de 2026 a xuño de 2027), con acceso a equipamento analóxico, un laboratorio de cine, mentoría personalizada, formación especializada e un programa de reunións con axentes do sector cultural, tanto nacionais como internacionais. As subvencións para cada proxecto estimanse en arredor de 8.000 € para cubrir materiais, o uso de cámaras, o cuarto escuro, proxeccións, mentoría e outras ferramentas de promoción e distribución.





