PARTICIPAMOS NO ENCONTRO ENCONTRO INTERNACIONAL DE FESTIVAIS DE CINEMA FFLASH-HUB EN BARCELONA

Nov 12, 2026 | Novas

No pasado mes de setembro participamos na IV edición do encontro internacional de Festivais de cinema FFLASH-HUB | Film Festivals Learning and Sharing HUB en Barcelona, unha iniciativa de Catalunya Film Festivals co apoio do l’Institut Català de les Empreses Culturals – ICEC, de la Direcció d’Indústries Creatives de l’Institut de Cultura de Barcelona – ICUB, a Diputació de Barcelona e a Agència Catalana de Cooperació al Desenvolupament; e coa colaboración do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales – ICAA e do DHub Disseny Hub Barcelona.

Nas súas xornadas que comezaron o mércores 15, formou parte activa a nosa directora Ana Domínguez, coas mesas de debate Acció>Cinema xunto a profesionais doutros festivais e mostras de cinema que programan e desenvolven estratexias culturais con vontade de ter un impacto social, así como profesionais e entidades de cooperación e dereitos humanos que utilizan o cinema como ferramenta de sensibilización, incidencia e transformación social.

O xoves 16 de setembro formamos parte do panel, Nous públics: de l’audiència a la comunitat. Onde falamos sobre a responsabilidade activa do festival na construción, desenvolvemento e formación de novas audiencias con capacidade crítica. Profundamos na necesidade cultivar os festivais de cinema como espazos de encontro e comunidade onde compartir, explorar e expandir a experiencia cinematográfica máis aló da pantalla.

A palestra combinou exemplos e dinámicas participativas para explorar novas maneiras de integrar públicos diversos e entender como pasar de audiencias puntuais a comunidades activas combinando casos reais de participación e implicación de festivais con público novo, xente maior, cinematografías e formatos específicos ou sesións accesibles desde a experiencia do usuario.

Foi un pracer formar parte e intervir nos procesos e reflexións que deseñarán os festivais de cinema do futuro, máis xustos e transformadores. 

PUBLICACIÓNS RECENTES