Terminou a décima edición do (S8), e aínda non nos recuperamos destes días de emocións incesantes na salas e fóra delas. Esta mostra foi intensa e bela, vivimos momentos irrepetibles, e durante uns días fomos unha comunidade movida ao unísono polo cinema e a inspiración. Desde aquí queremos agradecer a cineastas, profesionais e público pola súa xenerosidade e entrega. Vémonos en 2020!