ESPECIAL SINAIS EN CURTO: AREA ERINA

Mércores 30 de Setembro | 16:30 h | s8cinema.com

Sinais en curto, sección na que recollemos unha selección de traballos galegos recentes na liña do espírito do festival, desdóbrase este ano en dous: por unha banda teremos a nosa habitual sesión en sala con coloquio posterior; pola outra, creamos unha serie de programas especiais online, un por cada un dos cineastas convocados na selección, nos que poderemos descubrir un pouco máis a fondo o traballo e as inquedanzas de cada un deles, e nos que teremos ocasión de ver pezas extra alén das incluídas na selección en sala.

AREA ERINA

A obra de Area Erina, que se move desde a instalación ao audiovisual, explora o traballo co collage, a experimentación plástica e o interese pola fotografía analóxica e dixital. De todo iso falaremos a partir das súas pezas Miña nai, The Fashion Religion e You Killed our Future, nas que fai un particular uso da apropiación e reciclaxe de imaxes para conxugalas cunha ollada crítica sobre a realidade.

  • Miña Nai (Cintaadhesiva)Area Erina, 2016, vídeo, 3 min.
  • The Fashion ReligionArea Erina, 2016, vídeo, 2 min.
  • You killed our futureArea Erina, 2016, vídeo, 2 min.