SINAIS ADRIÁN CANOURA
Sábado 3 de Outubro | 16:30 h | SALA (S8) PALEXCO | Reserva aquí a túa entrada gratuíta
O traballo de Adrián Canoura (Burela, 1991) baséase na intersección e confluencia de mundos que poden semellar distantes. Por unha banda, o das raíces da terra: as lendas e costumes que conforman a identidade galega, o saber ancestral da agricultura e da pesca, que na súa obra dan forma a unha mirada etnográfica desde dentro, lonxe do arquetipo do antropólogo que viaxa a terras afastadas. Por outra banda, o mundo da modernidade, da cultura de rúa e urbanita, o universo que vive nas sinais eléctrica do vídeo analóxico ou dixital. Aproveitando ao máximo as posibilidades plásticas do vídeo e experimentando coa imaxe e o son, Canoura soubo crear un imaxinario propio no que o ancestral e o eléctrico son unha mesma cousa. Co traballo que levou a cabo nos últimos anos (desde as súas pezas máis persoais, ás relacionadas coa música; desde o seu dueto electrónico Nistra, á súa colaboración con Baiuca) revelouse como unha das personalidades máis emocionantes do audiovisual galego.
Esta sesión presencial constará dun encontro con Canoura no que falará en profundidade do seu traballo e dunha selección das súas pezas. Ademais, esta sesión presencial incluirá un liquid light show a base de tinguiduras e diapositivas que o creador levará a cabo xunto a Alejandro Canoura, membro da banda Guerrera, tal e como xa fixeran con anterioridade nalgúns espectáculos en directo do grupo.
NISTRA BATUKO – EXPLORATION | Adrián Canoura, 2015, vídeo, 12 min.
Neste híbrido de documental de apropiación e videoclip, Canoura suxestiona os camiños da súa obra posterior, fundindo a través da textura do VHS as rúas de Burela con Nova York nos 80, a cultura africana coa galega, o campo e o mar co drop e o píxel.
BAIUCA – MUÍÑO | Adrián Canoura, 2018, vídeo, 5 min.
Neste videoclip o colorido dos bailes pagáns e das máscaras do entroido galego explota a través do tratamento visual de Canoura e os ritmos da electrónica “popular” de Baiuca.
BAIUCA – ADÉLIA (FT.) HAĒMA | Adrián Canoura, 2020, vídeo, 4 min.
Nesta peza para Baiuca, Canoura reaprópiase das estampas en branco e negro da aldea (na súa cara máis tradicional e máis moderna), nas que trenza e superpón elementos de cor. Un paso máis na súa explotación plástica da textura e do vídeo.
SALITRE NAS VEAS | Adrián Canoura, 2017, Hi8 a vídeo HD, 12 min.
“O home e o mar son descoñecidos o un para o outro. Do mesmo xeito que o mar garda tesouros ocultos, o home tamén garda os seus, os seus segredos. O home e o mar loitan contra o tempo, loitan contra a súa extinción, contra a n de si mesmos. Pero tamén se respectan por igual”. (Adrián Canoura)
O PORCO E O SEU ESPÍRITO | Adrián Canoura, 2017, Hi8 a vídeo HD, 10 min.
“O home, na necesidade de explicar e entender o mundo que o rodea, dá ao animal, especialmente a nivel simbólico, as funcións desenvolvidas, nun primeiro momento só para si mesmo. Crese que o porco adiviña a súa n, sinte a morte, e, véspera da matanza, pasa a noite batendo na porta da corte, o que se expresa coa crenza de que esa noite érguese sete veces para comer ao dono”. (Adrián Canoura)
DA MORTE NACE A VIDA | Adrián Canoura, 2019, vídeo, 13 min.
“O vídeo forma parte do proxecto CINEGALICIA 2019, inspirado na película Urxa de Carlos Gallego e Alfredo García Pinal. Extraendo os elementos máis místicos do lme, recomponse un camiño a través do ritual, de onde nace vida desde a morte”. (Adrián Canoura)