A imaxe deste ano componse dun enorme ramo de flores que nos regalou un grupo de cineastas, programadores, colaboradores, amigos e membros do propio equipo do festival. Ademais do leitmotiv da edición O xardín secreto, do desexo de recuperar a primavera perdida na que non puidemos celebrar o festival, transmitir unha idea de comunidade.
A medida que fomos recibindo as flores, démonos conta de que debiamos concederlles un espazo na nosa programación. Por iso decidimos preparar un programa online no que explicar o como e o por que desta edición, no que dar espazo a cada flor e contar as particularidades dalgúns envíos. Velaquí o tedes:
Unha vexetación que tamén se estende polo noso catálogo, no que é posible consultar toda a nosa programación entre páxinas frondosas e poboadas de flores.