INPUT, un espazo para a titoría e asesoría de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, que xa deu varios proxectos cun amplo percorrido por prestixiosos festivais de todo o mundo. Nesta edición de 2021, de novo tres autoras terán acceso a tres profesionais de sona internacional do eido do cinema e da arte, con quen poderán discutir sobre os seus proxectos, desde a escritura e o desenvolvemento ata a distribución.
TITORAS
Mariana Hristova
Mariana Hristova unha crítica de cine, periodista cultural e programadora búlgara, especializada no cinea dos países Balcanicas e de Europa do Este e tamén con intereses no cinema de vangarda, amateur e subrepresentado. Colaboradora habitual a Cineuropa, East European Film Bulletin e Filmsociety.bg, titular do premio de crítica cinematográfica da páxina web do cine balcánico Altcine.com, membra de FIPRESCI e delegada de Camira para Bulgaria. Actualmente vive en Barcelona, onde programa ciclos de películas de Europa do Este e os Balcanes, incluíndo “Visiones Balcanicas” para o Festival de Curtametraxes e Animación de MECAL en Barcelona (2015), o ciclo “Bulgaria, la Invisible Europe” en Filmoteca de Catalunya e Filmoteca Española (2016), sesións de cine experiemental de Europa do este para o Arxiu Xcèntric de CCCB. Traballa tamén para a FIAF – a Federación Internacional dos arquivos de cine e o festival “Eastern Neighbours” en La Haya, Países Baixos.
Chiara Marañón
Chiara Marañón é a directora de contido en MUBI, liderando as adquisicións e programación da plataforma a nivel internacional. Tamén dirixe MUBI GO, unha innovadora proposta deseñada para incrementar a venda de billetes de cine aplicando a voz curatorial de MUBI ás estreas en salas. Convidada habitual en charlas e mesas redondas, ten sido xurado en festivais coma o Mar del Plata ou o Sheffield Doc/Fest e tamén ten comisionado programas para o FICCI en Cartagena e Tabakalera en San Sebastián. Como cineasta traballou co mestre iraniano Abbas Kiarostami en La chica de la fábrica de limones.
Pablo Useros
Director e fundador de Máster LAV, Laboratorio Audiovisual de Creación e Práctica Contemporánea. Artista visual. Os seus proxectos de videoarte téñense proxectado no Museo Nacional Reina Sofía, La Casa Encendida (Madrid), (S8), Museo Bolit (Girona), International Director’s Lounge (Berlín), Prism (Sheffield), Performance Intermedia (Varsovia), Filmadrid e IBAFF. A súa obra xira en torno ás reformulacións dixitais da figura do flaneur, a observación dos fluxos e patróns de movemento na cidade e a inatinxible diversidade da paisaxe humana. Ultimamente traballa a relación imaxe-texto partindo de novelas e trasladándoas literalmente ao cine. Parte da súa filmografía está na colección HAMACA.
PROXECTOS
MALA HERBA (Lucía Vilela)
Mala herba. Maleza. Planta arvense. Plantas adventicias.
Unha película filmada en super 8 mm a través da vexetación pioneira, a modo de colleita, compoñendo un (anti)inventario da natureza invasiva, diversa, cun predominio da cor verde que lle outorga unha identidade propia da paisaxe galega.
Luz, volumes, formas, patróns, cor, movemento perpetuo e fragmentado, quietude.
Lucía Vilela
Estudou dirección de cinema e é licenciada en Información e Documentación pola Universidade Carlos III de Madrid. Desenvolveu traballos como documentalista gráfica en diversos proxectos fílmicos, expositivos e editoriais. Desde o ano 2014 colabora na coordinación en Galicia dos programas pedagóxicos Cinema en curso e Fotografía en curso, coordinados polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Codirixiu a curtametraxe documental Volontè, retrato en 16mm sobre o grupo galego de música experimental e improvisación libre do mesmo nome; Bionte, peza filmada en súper 8 fotograma a fotograma; e Toxos e flores, que retrata a zona de San Sadurniño.
POSSIBLE FILM (Luis Lechosa)
Dividido en dúas partes que se complementan (Possible Film A – Post-humancia e Possible Film B Sūrya Namaskār), este proxecto comprende varias fases simultáneas de investigación teórica e fílmica. Por unha banda, Post-humancia abre a posibilidade de reflexionar dende a práctica artística en torno á relación do ser humano coa terra. Por outra, Sūrya Namaskār relaciona a secuencia postural do chamado Saúdo ao Sol e as distintas fases do tradicional proceso cinematográfico –filmación, revelado e proxección da película. A obra resultante é a proxección no espazo dunha peza cine-ensaística que contén un cuestionamento dos procesos de percepción visual que producen a imaxe-pensamento.
Luis Lechosa
Desenvolveu o seu traballo en diversas direccións dentro do eido da comunicación visual e da imaxe en movemento. A súa obra ten sido amosada en centros como Cineteca Matadero, La Casa Encendida e o Círculo de Bellas Artes en Madrid, así coma no Festival dos cines diferentes e experimentais de París e en Tabakalera (San Sebastián). En 2019 realizou a súa primeira exposición individual: fracción – presente no Centro Cultural La Estación, en Burgos. A súa investigación céntrase sobre a plasticidade da imaxe, a elasticidade do movemento e a memoria liberada da construción horizontal do tempo.
HOMING INSTINCT. UN RETRATO DE TOM JOSLIN (Miguel Rodríguez Pérez)
A obra de Tom Joslin (1946-1990) segue a ser descoñecida para unha gran parte da audiencia e da crítica contemporánea, a pesar da notoriedade da súa longametraxe Silverlake Life. Este proxecto busca examinar a carreira do cineasta en profundidade (situando a súa perspectiva persoal entre a doutros artistas seropositivos como Marlon Riggs ou David Wojnarowicz), recorrendo para este propósito ás prácticas complementarias do vídeo-ensaio e o texto ensaio, propoñendo unha indagación no seu contexto vital e na súa linguaxe visual dentro dunha visión máis ampla da historia e das políticas LGBTIQ+.
Miguel Rodríguez Pérez
Cineasta, deseñador e profesor de cine contemporáneo en LAV. A súa traxectoria como director estivo vinculada ao terreo da non ficción e o found footage, as relacións entre comedia e cine experimental, cunha énfase especial na procura de novas lecturas da imaxe preexistente. Dirixiu dúas longametraxes autobiográficas, La isla (2017) e Big, big, big (2019, xunto a Carmen Haro), ambas estreadas no Festival de Cine Europeo de Sevilla.