SPIN THE WHEEL / I LIKE TO HEAR IT SPIN

JOHNNY GUITAR E LAS SYNERGYS

Xoves 3 de xuño | 23:00 h | Fundación Luis Seoane | Reserva aquí a túa entrada gratuíta

Nesta ocasión Las Synergys, Bruno Delgado Ramo, Paula Guerrero e Esperanza Collado ofrecen unha presentación expandida da película clásica Johnny Guitar (Nicholas Ray, 1954), que amosan unha versión reducida en formato super 8. Partindo dalgúns desenvolvementos do afín Gabinete kino~okno, esta actuacións de Las Synergys é un prototipo de investigación sobre a experiencia cinemática e musical en directo. Na película, Johnny é un virtuoso pistoleiro que deixa as armas para tocar a guitarra, coa que pretende continuar a defenderse. Nas súas actuacións, Las Synergys deféndense das conexións funcionais entre música, imaxe e corpo, intercambiando as súas lóxicas e as súas ferramentas.