DESBORDAMIENTOS

ESPERANZA COLLADO

KICKED WITH THE FRONT FOOT ON THE DARK SIDE OF THE DECK

Sábado 5 de xuño | 23:00 h | Fundación Luis Seoane | Reserva aquí a túa entrada gratuíta

A artista e investigadora Esperanza Collado, que xa nos visitara en 2014 coa súa performance We Only Guarantee the Dinosaurs, é unha voz fundamental dentro do panorama do cinema expandido mundial contemporáneo, tanto no eido teórico coma no práctico. Kicked with the front foot on the dark side of the deck é o seu último traballo performativo.

Reinventar o medio fílmico na era da fin do analóxico significa “reconceptualiza[lo] como un conxunto de convencións derivadas das condicións materiais do seu soporte técnico”, para pasar a pensalo coma unha “forma de expresión que poida ser ao mesmo tempo proxectiva e mnemónica”. (Rosalind Krauss, Reinventing the Medium)

Kicked with the front foot on the dark side of the deck é un entorno construído de experimentación e improvisación performativa con luz proxectada, xogos cromáticos, película en 16mm, son en vivo e intervencións directas de skaters e performers que elaboran instalacións mutantes. Partindo das relacións e potencialidades espaciais, plásticas e performativas do aparello fílmico –entendido como formación “proxectiva e menmónica”–, tratamos de desafiar os formatos tradicionais de exposición da imaxe-movemento para situarnos entre o entorno sensorial, a arte de acción e a instalación inestable. Comprométense así a primacía da imaxe e a tradicional unidireccionalidade da proxección para antepoñer nocións de presencialidade, inmediatez, corpo, performatividade e “liveness”.

Este proxecto comezouse a xestar coa súa presentación inicial en Ojorimaconmáquina (Valentina Alvarado e Carlos Vasquez) en La Escocesa, Barcelona, decembro 2020), e continuou a desenvolverse na Facultade de Belas Artes de Cuenca en xaneiro e febreiro de 2021. (Esperanza Collado)

    • Participan: Marta Feiner,  Tzuhan Hung, Toni Serrano, Paula Guerrero, Javi Montero, Bruno Delgado Ramo, Esperanza Collado e skaters da Coruña.
    • Duración: variable e indeterminada.

Película de 16mm, película intervida, teas, cartóns, luces, prismas e cristais, skateboards, madeira, spray e outros obxectos variables.