CLASE MAXISTRAL DE MORGAN FISHER

PELÍCULAS COMO RESPOSTAS

Filmoteca de Galicia | Sábado 8 xuño | 11:00 horas

A práctica artística de Morgan Fisher diversificouse desde finais dos anos 60 polo cinema, a videoinstalación e a pintura. No relativo ao cinema, as súas películas examinan conceptualmente os procesos de produción cinematográfica. Nesta clase maxistral, Fisher abordará o proceso que está detrás da creación da súa última película, Another Movie (2018), un filme pensado como unha sorte de resposta á película canónica do cinema experimental A Movie (1958), de Bruce Conner. A cinta de Fisher retoma a música da de Conner, Piñeiros de Roma, de Respighi. Another Movie xoga coa colisión entre as ideas de Respighi sobre a súa propia composición, que Fisher nos amosa, e coa memoria das e dos espectadores familiarizados coa obra de Conner. Unha especie de experimento a través do cal Fisher abordará os seus intereses e liñas de traballo dos últimos anos.