O (S8) CONVERTE A CORUÑA NO CENTRO MUNDIAL DO CINEMA DE VANGARDA DO 31 DE MAIO AO 9 DE XUÑO

Mai 22, 2024 | Destacados, Novas

  • Presentada a 15ª edición, con 142 pezas e 31 estreas absolutas, na que a potencia creativa das cineastas mulleres asulaga toda a programación
  • O tarot inspira a imaxe 2024 do festival en homenaxe a Kenneth Anger, falecido en 2023
  • A Mostra destaca o foco en Canadá cos 30 anos da Film Farm,  Rhayne Vermette, Franci Durán e the8fest, e presenta a sección “Desbordamentos”

Estreas, obras inéditas, referentes internacionais convidados, retrospectivas únicas en Europa e unha aposta clara polas novas xeracións de artistas fan do (S8) Mostra de Cinema Periférica da Coruña o momento e o lugar cara ao que virar a cabeza (e a vista) do 31 de maio ao 9 de xuño. Quince edicións do festival que o consolidan como unha cita única para o cinema de vangarda a nivel mundial. Os seus directores, Ana Domínguez e Ángel Rueda, presentaron na mañá do martes 21 de maio o máis destacado desta edición especial e fixérono xunto ás institucións que apoian o proxecto: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Acción Cultural Española (A/CE) e a marca Cervezas Alhambra. A potencia creativa das cineastas mulleres asolaga de xeito irresistible toda a programación do (S8) 2024 que, ademais, desvelou a imaxe gráfica para esta décimo quinta edición. 

O mago, a forza, os namorados e a roda da fortuna. Esas son as cartas do tarot que o (S8) escolleu para lanzar a imaxe desta 15ª edición na Domus da Coruña, unha das sedes do evento, xunto á Sala Palexco, Filmotecade Galicia e Fundación Luis Seoane. Unha combinación de cartas que debulla a filosofía do festival, tal como explica Ángel Rueda, e conectan ademais cun amante do ocultismo e a maxia ao que se quere homenaxear: o cineasta norteamericano Kenneth Anger. O autor do famoso libro Hollywood Babylon, publicado en 1965 e en cuxas páxinas desfilaba o máis escabrosoda industria do show business, falecía xusto hai un ano, en maio de 2023. A inauguración de (S8) o 31 de maio réndelle homenaxe coa sesión “O cine de Thelema, na que se proxectarán na Filmotecade Galicia os seus filmes Lucifer Rising e Inauguration of the Pleasure Dome

As artistas mulleres copan a programación do festival, que ofrece máis de 140 obras ao público que se achegue ao (S8). O discurso fílmicodas creadoras de vangarda imponse como realidade innegable nunha programación que atravesa a obra de referentes como Narcisa Hirsch –coa primeira gran retrospectiva tras o seu falecemento e a quen se dedica este ano o festival– ou a estadounidense Margaret Honda, dedica programas ao cinema undergroundde Annalisa D. Quagliata e á memoria da diáspora de Franci Durán, presenta unha nova sección “Sinais Latinoamérica” na que exclusivamente veremos obras de mozas creadoras, descubriranos a Rhayne Vermette, cineasta Métis-un dos tres pobos aborígenesrecoñecidos en Canadá- ou nos levará ao cinema expandido da sección “Desbordamentos” da man de Gaëlle Rouard e Lynn Loo.

Os directores de (S8) Mostrade Cinema Periférico estiveron acompañados na rolda de prensa por Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade do Concello da Coruña, que apoia o proxecto a través dun convenio de colaboración, destacando o alto interese do festival para a cidade .Tamén participaron no acto Jacobo Sutil, director da AxenciaGalegade Industrias Culturaisda Xunta de Galicia, cuxo apoio se materializa a través da convocatoria anual de axudas a festivais audiovisuais, e NatividadeGonzález, responsable de Cultura da Deputación da Coruña, institución que colabora co festival por medio da liña de subvencións a festivais organizados por entidades da provincia. Tamén participou na rolda de prensa Daniel Capelete, en representación da marca Cervezas Alhambra que ten unha colaboración especial co (S8).

Dentro da programación do (S8) 2024, a vangarda galega máis nova estará representada na sección “Sinais” cos traballos de Iago Lourido, Yasmina Farhani Luaces, e Pablo Agma, recente gañador das bolsas ao desenvolvemento ese8_LAB, organizadas polo festival. Por outra banda, a obra da artista de Xinzo de Limia, residente en Barcelona, María Ruído protagonizará o programa monográfico en liña “Ultreiaetsuseia, dedicado cada ano ás voces máis destacadas do cinema galego actual.A programación do (S8) contará con 18 pezas de autoría galega.

Na rolda de prensa do martes 21 interveu tamén, desde Madrid mediante videoconferencia, Inmaculada Ballesteros, directora de programación de AC/E (Acción Cultural Española) que apoia o festival a través do programa de internacionalización da cultura española (PICE). Tomás Rautenstrauch, responsable da Fundación Narcisa Hirsch e a programadora Cecilia Barrionuevo (Arxentina), as cineastas e programadora Annalisa Quagliata (México) e Rhayne Vermette (Canadá), Philip Widmann (Alemania), comisario do seminario “Películas inacabadas”, as investigadoras Katie Kirkland (Estados Unidos) e Léa Morin (Francia),  poñentes en dito seminario, a artista Lynn Loo (Gran Bretaña), a peruana residente en Alemania, Ivone Sheen Mogollón, responsable da nova sección “Sinais Latinoamérica”, e Oana Ghera (Romanía), titora de INPUT, espazo de desenvolvemento de proxectos cinematográficos impulsado polo festival galego, son os convidados internacionais que estarán na Coruña grazas a este programa de AC/E.

CANADÁ: 30 ANOS FILM FARM  

E se o movemento de vangarda vira a súa vista cara á Coruña do 31 de maio ao 9 de xuño, o (S8) sempre tivo os seus ollos postos en Canadá, tal como recoñecía Ángel Rueda no acto de presentación. Non en balde é un dos territorios de maior actividade e historial en relación ao cinema experimental. A Film Farm, proxecto comandado por Phil Hoffman, que estará na Coruña, cumpre 30 anos e sempre foi inspirador para a Mostra da Coruña, tal como explican os seus directores. Nunha granxa na provincia de Ontario, cada ano congréganse un grupo de artistas para aprender e compartir técnicas de revelado e manipulación analóxica, para filmar, visionar e compartir cinema nunha contorna natural, xerando así unha experiencia transformadora. Algúns dos traballos alí creados poderanse ver na Coruña.

It Matters What (Franci Durán, 2019)
Ste Anne (Rhayne Vermette, 2021)

A cineasta Rhayne Vermette, con recoñecemento internacional tras o paso pola Berlinale e por Toronto co seu primeiro longo Ste. Anne, e a chilena afincada en Canadá, Franci Durán, cuxo traballo, relacionado coa Film Farm, enráizase na experimentación con soportes fotoquímicos, son outras das protagonistas do foco canadense do 15º (S8). Ademais, o dinamismo e a mocidade da escena actual de cinema experimental canadense vén da man de the8fest festival veterano dedicado a mostrar exclusivamente cinema feito en super 8,, hoxe dirixido pola cineasta exipcia-canadense Robin Riad, que traerá unha selección de pezas da historia do festival. 

We are going home (Jennifer Reeves, 1998)
Screenshot

DESBORDAMENTOS

“Desbordamentos”, a sección do festival dedicada ao cinema expandido que ten lugar na Fundación Luis Seoane, acolle este ano a dous artistas que transitan ese camiño: Gaëlle Rouard e Lynn Loo. De Rouard, unha das fundadoras do mítico Atelier MTK en Grenoble, poderemos ver entre outras, a súa película Darkness, Darkness, Burning Bright que se estreou no Festival de Róterdan e gañou o Premio á Mellor Película Experimental do festival Curtas Vila do Conde. Lynn Loo, música e cineasta orixinaria de Singapura radicada en Londres, explora o cinema expandido con filme performances nos que emprega varios proxectores de 16 mm funcionando á vez. 

Darkness, Darkness Burning Bright – Oraison (Gaëlle Rouard, 2022)
Asa no Ha (Lynn Loo, 2024)

En relación á dimensión formativa e impulsora de creación do (S8) o festival acolle tamén as obras resultantes de BAICC, residencia no LIFT de Toronto que este ano foi desfrutada por Agnès Hayden, e das Bolsas eSe8_LAB, grazas á cal a artista peruana afincada en Madrid, Nicole Remy, viaxou ao Nanolab en Australia. O resultado de  ambos programas poderase ver na sección “Desbordamentos”

Latitude Mesh (Agnès Hayden, 2024)
Con cierta luz (Nicole Remy, 2024)

A 15ª edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico está organizada pola Asociación Cultural eSe8 e conta co apoio do Concello da Coruña, o Consorcio de Turismo e Congresos, a Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Acción Cultural Española (AC/E) e a Fundación Luis Seoane. 

Coa colaboración especial de Cervezas Alhambra.

Cervezas Alhambra volve a colaborar co festival, que forma parte de Momentos Alhambra, na súa aposta por estar presente naqueles eventos nos que se crean instantes únicos que conviden a gozar dunha Alhambra. A cervexeira reforza así o seu compromiso co facer sen présa e o apoio a artistas e creadores desde un punto de vista máis próximo, persoal e creativo. Durante a sección “Desbordamentos”, un ano máis, poderanse maridar as súas variedades coas mellores propostas artísticas e culturais”.

PUBLICACIÓNS RECENTES