Hoxe presentamos o vídeo que vai acompañarnos nesta XIV edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. Unha peza creada polo cineasta galego Adrián Canoura, que nos invita a somerxernos no universo fantástico do “pintor do mar”, o coruñés Urbano Lugrís, e que fai un percorrido en imaxes por toda a nosa programación.
Desde este venres 26 de maio ata o domingo 4 de xuño e na programación estendida durante o resto do mes, proxectaremos máis de 180 pezas dunha ducia de países en diferentes espazos da cidade da Coruña: a Sala (S8) Palexco, a Domus, a Fundación Luis Seoane, Filmoteca de Galicia, Atalaya e a sede de Afundación Obra Social ABANCA.
Lembrade: a entrada é libre ata completar capacidade e non será posible acceder ás salas unha vez iniciada a proxección.
Agardámosvos no (S8)!
Programa completo do (S8) 2023
Descárgao aquí en PDF