A SECCIÓN SINAIS REÚNE O MÁIS DESTACADO DA VANGARDA ACTUAL DE GALICIA, ESPAÑA, PORTUGAL E AMÉRICA LATINA

Mai 13, 2026 | Destacados, Novas

Inclúe unha trintena de obras realizadas nos últimos dous anos; tres pezas de cine expandido en Sinais Desbordamientos; e seis películas de Brasil, Bolivia, República Dominicana, Chile, Ecuador e Perú en Sinais Latinoamérica.

OAO (2026), Rocío Mesa.

A XVII Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña será de novo o lugar de encontro da creación máis actual do cinema de vangarda, con programas diarios dedicados a creacións dos anos 2025 e 2026. Será dentro das seccións Sinais, Sinais Latinoamérica e Sinais Desbordamientos, que reúnen un total de 38 pezas, o 70% realizadas por mulleres e case a totalidade delas filmadas e proxectadas en Super 8 e 16 mm.

Estes datos amosan o dinamismo do cine de vangarda, especialmente na península ibérica e América Latina, cunha escea experimental moi activa á cal ten contribuído o (S8) como ponte e espazo de descuberta, estimulando a creación e produción de novas películas. De feito, cada vez son máis as pezas que o festival recibe anualmente para a súa sección Sinais, destacando o crecemento das propostas performativas, en moitos casos, influenciadas pola experiencia vivida polos cineastas na Mostra coruñesa.

TRES SESIÓNS CON TRES EIXOS TEMÁTICOS

O cinema de vangarda realizado en Galicia, España e Portugal, protagoniza Sinais, con tres sesións nas que se recollen as propostas máis arriscadas e interesantes da experimentación fílmica dos dous últimos anos. A primeira delas reúne obras que trazan unha cartografía íntima de varios lugares realizada por persoas que non naceron nelas. É o caso do Taiwán de Formosa’s Paradox (2026), de Esperanza Collado; ou da última película da venezolana Valentina Alvarado Matos: tocant la llum (2026), a cal adéntranos na comunidade india de Barcelona, onde vive. Completan o programa Banana Plant (2026) de Claudia Claremi; Mirar y aprovechar (2026), de Orisel Castro e York Neudel; e Vereda (2025), de Francisco Burneo. 

Esta primeira sesión de Sinais comezará coa estrea mundial de Béal (2026), de Juana Robles, rodada no Peace Garden de Toronto, onde a autora atopou un punto xeográfico de tensión urbana á vez que un refuxio para a escoita. Esta peza é o resultado da súa estadía en Canadá coa residencia artística impulsada polo (S8) co apoio de Acción Cultural Española (AC/E) e o Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT).

Formosa’s Paradox (2026), E. Collado | Mirar y aprovechar (2026), O. Castro y Y. Neudel.

Banana Plant (2026), Claudia Claremi.

Outros dos eixos temáticos de Sinais é a busca das capas subxacentes, tanto históricas coma mitolóxicas, que latexan nos sitios, construídas tamén a través da experimentación na realización. En el agua disuelve su imagen, el paisaje desaparece (2025), de Delfina Vázquez, o deterioro da película aporta unha cualidade de tránsito entre dous mundos. En A Pena (2026), de Iria Silvosa, é a paisaxe de Galicia a que emerxe sostendo unha carga silenciosa, un mundo simbólico que tamén recolle Tiago Almança en Una dança non sancta (2026). 

Para eles tres, esta é a primeira vez que as súas películas son programadas no (S8), se ben moitas outras cineastas regresan a Sinais coas súas últimas producións. É o caso de Álvaro Feldman con Poco a poco (2026) e mais as galegas Cristina Souto Pita con Mirar el agua (2025), e Area Erina, con Rachar en dous (2025). Con elas estarán Nicole Remy, con Constant, Co-present (2025); Catalina Girodano con Luz ígnea (2024); Blanca García, con dashed in here, seeing you green (2026); Antonio Trullén, con Li’s Fenster (2026); e Emiliano Reyes, con Destellos (2026).

Una dança non sancta (2026), Tiago Almança | Rachar en dous (2025), Area Erina.

A última das sesións de Sinais móvese cara o entresoño a través da posta en escea, o uso de dispositivos ou a creación de fabulacións. Tamén aquí hai artistas e colectivos que se estrean na Mostra, amosando a forza da creación de vangarda autoxestionada. O Colectivo Super8eres —integrado por Natalia Lucía, Elena Maravillas, Meritxell Blanco, Antonia Cohen, Anna Molineros e Ramona Fernández—presentarán Bang Bang Stefi! (2025), unha reinterpretación feminista do western. Avis Lumbre, pola súa banda, é un colectivo internacional asentado en Madrid do que son parte Sofía Blanco, María Paz Correa e Andrea Sánchez, o cal presentará Hifas (2025), unha obra que se interna na linguaxe dos fungos creando un paralelismo coa linguaxe fílmica. 

O resto de pezas incluídas nesta terceira sesión de Sinais son Carta #10 (2026), de Helena Estrela; Autodefinidos (2025), de Lucía del Valle Ramírez; Cascada (2025), de Raffaella Rosset; Aroma (2025), de Pablo Arenas; Kuñataĩ (2026), de Luis Lechosa; Desayuno con Lara (2025), de Claudia de la Iglesia; El camino a casa (2024), de Ceci Romero; El tuerto es rey (2025), de Jorge Domingo; UNTIL WE MEET AGAIN, (2026) de FLESH WEBM; e OAO (2026), de Rocío Mesa.

UNTIL WE MEET AGAIN (2026), FLESH WEBM

Carta #10 (2026), Helena Estrela | Bang Bang Stefi! (2025), Colectivo Super8eres. 

SINAIS LATINOAMÉRICA: OS RESORTES DA CREACIÓN

As pezas de Sinais Latinoamérica desta XVII edición do (S8) foron seleccionadas desde a crenza de que as películas son portais de lugares, persoas, memorias, sons, desexos ou luz, apelando ás lembranzas sensoriais e á identidade como resorte de creación. De feito, a maioría das obras programadas están dalgunha maneira influídas pola experiencia de desarraigo vivida polas súas autoras durante as súas estancias no estranxeiro. É por elo que as películas reflicten afectos deixados atrás, representados nas sombras de Pompa y circunstancia (2026), da ecuatoriana Daniela Delgado Viteri, que terá aquí a súa estrea mundial e foi apoiada por INPUT, o espazo de titorización de proxectos do (S8). 

Tamén emerxen os afectos na experimentación visual para inmortalizar o Pacífico, que é o eixo de Amor (2025), de Javiera Cisterna. Ou na paisaxe interior combinada con son contextual co que Biviana Chauchi retrata a súa cidade natal en Lima (2026). A sección tamén inclúe as obras Meu amigo Pedro Mixtape (2023), del brasileño Lincoln Péricles;  Trizas (2026), de la boliviana Luciana Decker; y llegada de República Dominicana, la obra Nada fuera de las isla: puentes (2024), de Dalissa Montes de Oca.

 Trizas (2026), Luciana Decker | Amor (2025), Javiera Cisterna.

Pompa y circunstancia (2026), Daniela Delgado Viteri.

SINAIS DESBORDAMIENTOS, LUZ E PANTALLAS SEN LÍMITES

Outra das novidades da programación do pasado ano e que se consolida nesta edición do (S8) é Sinais Desbordamientos, na que de novo reúnense as mellores propostas de film performances e cine expandido realizadas na península ibérica. A sesión, celebrada como é habitual no patio da Fundación Luis Seoane, abrirá con Niño monaguillo y sus pecados (2024), do gallego Pablo Agma, inspirada nas lembranzas fragmentadas dunha infancia eclesiástica, e que mestura proxección analóxica intervida, posta en escea e acompañamento sonoro. 

Tras él, será o turno do asturiano Guillermo Braga, quen escolle Sinais Desbordamientos para a estrea absoluta da versión performativa da súa película Descubro el rayo, tus ojos tiemblan (2026), na que explora novas posibilidades da luz como transformadora da imaxe e dos sentidos do espectador. A velada pecharase coa singular proposta sonora e visual do mítico grupo madrileño Los Caballos de Düsseldorf (LCDD), integrado por Olaf Ladousse e Carmen Espina Flórez. Emplearán música realizada con xoguetes e outros aparatos recolectados nas rúas para sonorizar en vivo a súa película Fifty Fifty (2025), rodada en Super 8. A súa participación extenderase cunha improvisación sonora.

Descubro el rayo, tus ojos tiemblan (2026), Guillermo Braga.

Fifty Fifty (2025), Los Caballos de Düsseldorf | Niño monaguillo y sus pecados (2024), P. Agma.

O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico celébrase naCoruña entre o 2 e o 7 de xuño de 2026. Conta co patrocinio da Concellería de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, ye o apoio da Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Instituto da Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Acción Cultural Española (AC/E) e a Fundación Luis Seoane.

PUBLICACIÓNS RECENTES