O S8) Mostra de Cinema Periférico vén de ser elixido como o mellor proxecto cultural en Galicia segundo o Observatorio de la Cultura!
Estamos moi contentos e agradecidos por este recoñecemento por parte dos máis de mil profesionais da cultura que participan na elaboración deste informe anual impulsado pola Fundación Contemporánea. Grazas a todas as institucións e empresas colaboradoras polo seu apoio e, sobre todo, moitos parabéns a todo o equipo de profesionais que ano tras ano o fai posible!
