Bill Brand. Crear e preservar

Xuñ 8, 2019 | Entrevistas


Bill, ti es cineasta, pero tamén conservador, ou, como ti mesmo tes dito algunha vez, «conservador por accidente». Como foron os teus comezos no mundo da conservación e a restauración de filmes?
Cando comecei a facer filmes, comecei como animador, cunha cámara de animación. Iso levoume a pensar o filme fotograma a fotograma, e comecei a facer obras de 16 mm que funcionaban dese xeito, a partir de procesos de refotografiado. De aí pasei á impresión óptica, e da impresión óptica a facer ampliacións de 8 mm e de super-8. Fixen iso moitos anos ata que descubrín que existía algo ao que chamaban conservación cinematográfica. Era algo que eu levara tempo facendo, aínda que non sabía que tiña nome. O que me levou o mundo da conservación foi a miña actividade como artista.
Dirías que o teu traballo creativo e o teu traballo como conservador están relacionados, que un inflúe no outro e viceversa?
Cando a xente entérase de que son artista e que traballo nos arquivos, normalmente pensan que fago filmes nos que engado imaxes de arquivo. O que me atrae de ambos mundos e que eu véxoos como unha oportunidade de resolver un crebacabezas, de tentar comprender como funcionan as cousas e cuestionar o seu significado: como coñecemos e como percibimos. Para min, o máis interesante de facer arte é o proceso de descubrir que teño eu par dicir, porque realmente non o sei. A arte é unha maneira de descubrilo. E no caso do traballo de conservación, o que me chama máis é a posibilidade de penetrar na mente, na sensibilidade de outro artista, a través dos materiais que prodiciu co seu traballo, e que son sempre crecabezas: non sabes o que son ata que comezas a investigar, ou a preservar e recrear o seu traballo, e, a través dese traballo, a enerxía ou o espírito dese artista.
A maiores da masterclass que vas impartir aquí, teremos a oportunidade de visionar unha colección dos teus filmes, unha selección que ti mesmo fixeches. Cal foi o teu criterio para elixilos? Seguro que non foi doado, xa que levas cincuenta anos facendo cousas.
Levo moitos anos traballando, pero tamén é certo que traballei moitos medios distintos. Incluso no caso da miña actividade cinematógrafica: comecei traballando con ordenadores a comezos dos 70, así que tamén coñezo ben o dixital, pero como este festival ten un foco marabilloso no cinema analóxico, peferín elixir filmes que puidera proxectar en 16 mm. Pero non quería amosar só os meus filmes dos 70, así que seleccionei un programa que inclúe obras desde mediados dos 80 ata hoxe. Hai un filme que vou proxectar por primeira vez, é un filme dixital pero que ten que ver co feito de filmar en analóxico: Huevos a la mexicana, filmada en México o ano pasado. Tamén hai un filme que fixen coa miña parella, a artista Katy Martin, sobre o seu traballo, sobre a pintura e o corpo. Foi un traballo colaborativo, e no filme vense os nosos dous corpos. Trata sobre a pintura e a paisaxe. Susie’s Ghost e outra curta que vou proxectar, e que presenta unha achega á paisaxe urbana: o meu barrio en Nova York, un barrio industrial abandoado no que vivín corenta anos e que agora é un barrio rico xentrificado. Así que fixen un filme sobre a desaparición deste barrio e a desaparición do cinema como medio, porque o fixen cos stocks de película que me quedaran na casa. Para rematar, proxectarei o filme máis antigo que fixen usando impresión óptica, Coalfields. É tamén sobre a paisaxe, unha especie de documental político que trata temas de paisaxe, poesía e música en relación cos mineiros do carbón de West Virginia. Retomei as técnicas que desenvolvera nos 70 e nos 80, no primeiro filme que fixen. O programa é un panorama de todo isto. Bueno, ao final din moitas voltas para responder a unha pregunta tan sinxela…
Estaba dándolle voltas a que quizáis Huevos a la mexicana ten algunha relación co traballo de impresión óptica en Coalfields.
Ese foi un traballo que comecei nos 70, coa impresora óptica, e estiven traballando nel uns dez anos. Coalfields foi o último filme que fixen utilizando esas ideas. Despois pasei a outras formas de facer cinema, e hai pouco retomei algunhas daquelas ideas desde o dixital. Esa é a relación que ten con Huevos a la mexicana, na que é posíbel apreciar plenamente o meu interese polas ligazóns entre pintura e cinema. Hago debuxos a partir de vídeos e vídeos a partir de debuxos.
Tamén estás interesado na imaxe estática e na animación, e ademáis tes creado debuxos, instalacións, e ata arte urbana, como a túa marabillosa peza Masstransiscope. Cóntanos algo máis destas facetas do teu traballo.
Masstransiscope é quizáis a miña peza máis coñecida, porque é unha obra pública que fixen hai xa corenta anos. É unha especie de zootropo, unha pintura de 100 m de longo no metro de Brooklyn. Ten luces e vese a través dunhas grechas, entón funciona como un filme cando o ves desde o tren en movemento. A cousa é que invirte a acción normal do filme: para ver un filme un senta, inmóbil, na butaca e ve pasar a imaxe a través do proxector. Aquí, ti es o proxector e ti es o que pasa mentres o filme permanece inmóbil. Ademáis, como eu formeime como artista de estudo, filmar é so un dos medios que aprendín a utilizar. É certo que rematou por ser o máis importante, o que me fixo máis coñecido. Pero seguín traballando con outras ferramentas; por exemplo o debuxo é fundamental para min, axúdame a pensar visualmente. Últimamente estiven debuxando moito e hai tres anos particpei nunha residencia en Shanghái xunto coa miña muller. Aprendimos a usar tinta, papel, e pinceis chineses, e encantoume. De feito é algo que seguín practicando na miña casa. Non sabería explicar como se relaciona exactamente co meu traballo, pero é claro que é algo que está presente en Huevos a la mexicana e noutros dos meus filmes. E cando fago animación retomo sempre estas técnicas.

PUBLICACIÓNS RECENTES