O (S8) LEVA A NOVA YORK O SEU PROGRAMA, VAL DEL OMAR: O CINEMA COMO ELEMENTO

Out 30, 2023 | Destacados, Novas

O (S8) foi invitado a participar co seu Programa Espejo del Tríptico Elemental de España para clausurar a exposición sobre a figura de José de Val del Omar organizada polo Museum of the Moving Image – MOMI de Nueva York. Esta exposición, Cinema of Sensations: The Never-Ending Screen of Val del Omar, inaugurada o pasado mes de marzo, celebrou a súa clausura o 1 de outubro cun conxunto de actividades arredor da obra do mestre granadino.

Con motivo deste evento tan trascendente, convidouse ao (S8) da Coruña a participar nos actos de clausura co seu completo programa, que inclúe a proxección en 35mm do monumental ‘Tríptico elemental de España’ (1953-1995) e o Programa Espejo, comisariado pola nosa programadora Elena Duque, que recolle a obra de cineastas que pasaron polo festival e reflicten nas súas pezas os ecos dste artista visionario.

Esta histórica exposición que acercou ao público neoiorquino a trascendencia do cineasta español, José de Val del Omar como un dos máis innovadores e inspiradores da historia do cinema, contou co importante apoio da Fundación Andy Warhol para las Artes Visuales, o Fondo Nacional de las Artes (NEA), Acción Cultural Española (AC/E), o Programa para a Internacionalización da Cultura Española (PICE), o Consulado Xeral de España en Nova York e a colaboración do Archivo Val del Omar, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a Galería Max Estrella.

Organizado pola comisaria invitada Almudena Escobar López e asesorado por Piluca Baquero e Gonzalo Sáenz de Buruaga, directora e presidente do Archivo Val del Omar. Cinema of Sensations levou as instalacións cinematográficas inmersivas de Val del Omar ao público estadounidense por primeira vez na súa historia. A exposición incorporou pezas de artistas contemporáneos de prestixio internacional como Sally Golding (Australia), Matt Spendlove (Inglaterra) e Tim Cowlishaw (Irlanda); Dúo Prismáticas (Pilar Monsell y Aitziber Olaskoaga), Esperanza Collado (España); e Colectivo Los Ingrávidos (México), quen interpretan e se inspiran na súa obra.

A primeira sesión do noso programa, Val del Omar: El Cine como Elemento presentou as proxeccións en 35 mm das películas que compoñen o Tríptico Elemental de España (José de Val del Omar, 1953-1995)cunha presentación sobre a súa vida e obra a cargo de Piluca Baquero, directora do Archivo Val del Omar.

A continuación, o (S8) presentou o seu Programa Espejo, unja recompilación de películas que reflicte a estructura do tríptico, de cineastas que comparten as preocupacións formais e técnicas de Val del Omar. A sesión estivo acompañada dunha presentación a cargo da comisaria do programa e programadora do (S8), Elena Duque na que amosou o lugar de Val del Omar na historia do cinema internacional de vangarda. Este programa, organizado polo (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, está estruturado en tres partes – Terra, Lume, Augua – para reflictir as preocupacións formais e estéticas do Tríptico elemental de España e colocar o seu traballo en conversa con outros de cineastas contemporáneos e históricamente significativos que se recollen a continuación:

Ademais desta participación no Museum of the Moving Image – MOMI de Nova York, o (S8) acudiu o 8 de setembro ao Centro Rey Juan Carlos I de España (KJCC) da Universidade de Nova York que acollía a mesa redonda, Cine in and Beyond Mid-Century Spain: The Sensational Touch of Filmmaker José Val del Omar, moderada pola directora do KJCC, Jordana Mendelson cos estudosos de cine Jo Labanyi (NYU), Carlos Saldaña (NYU), Andrew Uroskie (NYU), xunto ao comisario e arquitecto Lluís Alexandre Casanovas (Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid).

PUBLICACIÓNS RECENTES