[vc_section el_id=”program-page”][vc_row][vc_column][dfd_heading enable_delimiter=”” style=”style_01″ title_font_options=”tag:h1″ subtitle_font_options=”tag:h3″ subtitle=”TODO DEPENDE DO CRISTAL CON QUE SE MIRE”]OBRADOIRO XPRESA CON JEANNETTE MUÑOZ[/dfd_heading][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]Seguindo o sendeiro iniciado na nosa novena edición, o (S8) aposta polo cine como ferramenta e motor da inclusión social. Colaborando con diversas asociacións da cidade, o (S8) organiza xunto con NORMAL – Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, un obradoiro destinado a nenas, nenos e mozos con diversidade funcional, impartido por unha figura relevante no ámbito do cine experimental e de vangarda. Nesta ocasión, a cineasta chilena radicada en Suíza, Jeannette Muñoz, unha das máis brillantes artistas do cine analóxico do noso tempo, propón unha experiencia formativa á que chama “Todo depende do cristal con que se mire”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”20″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”20″ screen_tablet_spacer_size=”20″ screen_mobile_spacer_size=”20″][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/3″][vc_single_image image=”28332″ img_size=”medium” alignment=”center”][/vc_column][vc_column width=”1/3″][vc_single_image image=”28345″ img_size=”medium” alignment=”center” style=”vc_box_rounded”][/vc_column][vc_column width=”1/3″][vc_single_image image=”28329″ img_size=”medium” alignment=”center” style=”vc_box_rounded”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”20″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”20″ screen_tablet_spacer_size=”20″ screen_mobile_spacer_size=”20″][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]O obxectivo deste obradoiro é que nenos e nenas participen nun proceso de creación de fragmentos cinematográficos colectivos, partindo da achega e suma das ideas individuais de cada un. Combinando o uso dunha cámara simple e o xogo con materiais de experimentación caseiros, o grupo mergullarase nesas outras formas de mirar o mundo que o cine posibilita e materializa.
Aprenderán así sobre a manipulación e intervención de imaxes e a creación de efectos visuais simples a través do xogo libre con filtros, obxectos translúcidos e modelos. Poderán coñecer aspectos básicos do emprego da cámara e do traballo de rodaxe. Empregando diferentes materiais, filmarán ao aire libre e descubrirán as posibilidades de cor e as texturas para crear imaxes diferentes, estrañas, divertidas, distorsionadas, románticas, difusas, sen sentido, múltiples, nun obradoiro enraizado na firme crenza de que o cine pode fomentar a creatividade, a autoconfianza, o traballo en equipo, a experiencia de compartir e participar activamente e a comunicación en grupo.
Ademais das sesións de traballo, que se desenvolverán na NORMAL (na súa sede en Paseo de Ronda, 47), o obradoiro contará cunha presentación pública de clausura na que os integrantes do obradoiro, xunto cos seus familiares e amigos, terán a posibilidade de ver os seus traballos e falar deles co público asistente e a cineasta.
O obradoiro estará a cargo de Jeannette Muñoz. Nacida en Santiago de Chile, vive e traballa en Suíza dende o ano 1998. Tras estudar na Facultade de Artes na Universidade de Chile, especializándose nas áreas de fotografía e creación de emulsións fotográficas, realizou estudos, residencias e prácticas no campo da fotografía e o cine en Francia, Inglaterra, Alemaña, Italia e Suíza. Traballa como cineasta independente dende o ano 2000. Realizou numerosos proxectos cinematográficos e películas en 16 mm, traballos que foron presentados en numerosos festivais de cine e centros de cultura de todo o mundo.
Do 29 ao 31 de maio | NORMAL – Espacio de Intervención Cultural de la Universidade da Coruña
Proxección obras resultantes do obradoiro: domingo 2 de maio ás 17.00 horas na Sala (S8) PALEXCO.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][dfd_spacer screen_wide_resolution=”1280″ screen_wide_spacer_size=”20″ screen_normal_resolution=”1024″ screen_tablet_resolution=”800″ screen_mobile_resolution=”480″ screen_normal_spacer_size=”20″ screen_tablet_spacer_size=”20″ screen_mobile_spacer_size=”20″][/vc_column][/vc_row][/vc_section]