O LIFT DE TORONTO ACOLLE A AGNÈS HAYDEN ACTUAL RESIDENTE DE BAICC

Out 30, 2023 | Novas

Agnès Hayden, atual residente da VII edición das Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC, xa está a desenvolver o seu proxecto ‘Latitude Mesh’ no Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT) grazas á colaboración entre o (S8), Acción Cultural Española (AC/E) e o LIFT e ao co-financiamento de NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia a través do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do noso proxecto eSe8_LAB.

‘Latitude Mesh’ céntrase nas emulsiones cinematográficas, as súas características e posibilidades, tendo como punto crave as emulsiones caseiras ou DIY. A propia emulsión engade unha textura e unhas características específicas de cada elemento que forman novas linguaxes e dialogan coa luz de formas inesperadas. Hayden investigará que tipo de sensibilidade pode conseguir, a través de diversos produtos químicos e xogos de luz. As propias imaxes construirán un mapa topográfico, asignando emulsións a distintas zonas de Toronto por latitude, trazando unha xeografía diarística e afectuosa da cidade. 

O resultado da residencia estrearase na próxima edición do (S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico, que se celebrará do 1 ao 9 de xuño de 2024 na Coruña.

PUBLICACIÓNS RECENTES