NICOLE REMY VIAXA A AUSTRALIA CO SEU PROXECTO “CON CIERTA LUZ”, PREMIO Á CREACIÓN ESE8_LAB 2023

Mar 18, 2024 | Destacados, Novas

O proxecto de Nicole Remy foi un dos 6 seleccionados na pasada edición de INPUT, o noso espazo de Asesoramento de Proxectos Cinematográficos en Desenvolvemento. Titorizado por Albert Alcoz, cineasta, investigador, programador e Doctor en Teoría, Análise e Documentación Cinematográfica pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Con cierta luz, recibiu entre todos os proxectos participantes o premio á creación eSe8_LAB 2023.

Grazas a este galardón, a cineasta puido viaxar a Melbourne (Australia), para traballar man a man con dous dos referentes mundiais do cinema experimental, Richard Tuohy e Dianna Barrie, nas súas instalacións de NanoLab..

Con cierta luz propón intervir o propio carrete de Super 8 para usalo como unha cámara de cine empregando a técnica de pinhole. Cunha prancha de aluminio sobre a xaneliña que deixa ver 6 fotogramas de película, e cun obturador movido a man, a luz baña a película a través dos buratos.

“En ‘Con cierta luz’ propóñome traballar con dous carretes de Super 8. Ambos filman á vez e o mesmo encadramento, agás polo feito de as súas posicións seren invertidas: un filma ao revés e o outro ao dereito. […] Créase unha tensión entre sentidos opostos, tanto na súa proxección (unha mesma imaxe proxectada en diferentes direccións) e a imaxe filmada a avanzar cara adiante. Unha busca por capturar outro tipo de movemento.”.

Nicole Remy

O resultado final será estrenado en primicia mundial durante a próxima edición do (S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico que terá lugar en A Coruña do 31 de maio ao 9 de xuño.

ULTIMATE FORM: COLLECTIVE FILMS FROM LAV  

Cine colectivo producido por LAV (Madrid) chega a Melbourne da man do (S8)

O próximo 24 de marzo terá lugar en The Brunswick Green de Melbourne o programa, Ultimate Form: Collective Films from Lav. Unha sesión que nace da frutífera colaboración entre o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña e o LAV de Madrid.

Aproveitando a presencia de Nicole Remy, ex-alumna do LAV en Melbourne, Artist Film Workshop (AFW) un colectivo de artistas e organización sen ánimo de lucro que ofrece proxeccións, recursos e talleres de formación a cineastas e persoas interesadas na arte cinematográfica na área de Melbourne, invitou a Nicole Remy a presentar unha selección de películas que repasan as obras producidas nas últimas edicións do LAV.

Fundado en 2014 por Pablo Useros, LAV é un espazo de aprendizaxe experimental dedicado á audiovisión e o cinema de vangarda. A proxección reunirá unha selección de películas que repasan as últimas creacións realizadas colectivamente polos estudantes participantes ao longo destes últimos anos no laboratorio que se imparte anualmente en Madrid. 

A sesión contará coa presenza de Richard Tuohy e Dianna Barrie que  exercerán de anfitrións e introducirán xunto a Nicole Remy as películas seleccionadas.

O programa é o seguinte:

  • FILMS-CUADRO #01 – Nenúfares, Monet. 16mm, cor, 2 min. 2022
  • MALLARMÉ FILM. 16mm, b/n e cor, 12 min. 2022
  • ANÁLISIS DE UN ESPACIO. PLAZA MAYOR X3. Super 8, b/n, 14 min. 2024
  • TWELVE TONES FILM. 16mm, cor, 18 min. 2023
  • ULTIMATE FORM #06. 16mm, cor, Jaime Guerra, 3 min. 2019

Comisariado por LAV e Nicole Remy.

Ambos programas forman parte do conxunto de actividades impulsadas por eSe8_LAB e conta coa financiación da Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales, a través de axudas a Laboratorios e Incubadoras de Creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais.

PUBLICACIÓNS RECENTES