A VI EDICIÓN DE XPRESA, FORMARÁ PARTE UN ANO MÁIS DO PROGRAMA “CULTURA ACCESIBLE E INCLUSIVA” DA FUNDACIÓN EMALCSA

Out 30, 2023 | Destacados, Novas

Xpresa o noso obradoiro cinematográfico de inclusión social está impulsado pola Fundación EMALSA e o Concello da Coruña en colaboración con Vegalsa Eroski e a Fundación María José Jove e supón un importante apoio das diversas asociacións da cidade no desenvolvemento dos seus proxectos culturais que exercen un labor social de inclusión.

Esta axuda fará posible o noso Taller Xpresa no 2024 e contará coa participación das asociacións Fundación Adcor e Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia) que cada ano confían en nós. Xpresa é un proxecto que responde ao noso compromiso cos Valores de Igualdade, Sostibilidade e Inclusión social do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico e que podes consultar na nosa web.

Esta renovada colaboración facilita que no 2024 sigamos traballando para poder xerar espazos de liberdade nos que persoas de capacidades diversas poidan experimentar, xogar, crear e abrazar a súa visión particular das cousas que tanto ten que aportar ao mundo. Queremos seguir loitando por manter este espazo que lles brinde ferramentas de creatividade que poidan implementar no seu día a día. Dándollas estamos regalándonos a todas as chaves dunha sociedade mellor.

PUBLICACIÓNS RECENTES