BAICC RESIDENCIA ARTÍSTICA INTERNACIONAL DE CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA
En 2017 puxéronse en marcha, impulsadas polo (S8) Mostra Internacional de Cinema Períferico de A Coruña, as primeiras Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC, abindo un proceso de selección para participar nunha residencia artística de produción dunha peza de creación cinematográfica rodada en formato analóxico (35mm, 16 mm, 8mm ou super 8) en Toronto (Canadá); Un proxecto moi desexado polo (S8) que se víu materializado grazas ao apoio de Acción Cultural Española (AC/E) e o Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT), reafirmando a forte aposta da Mostra pola formación e a creación artística en espazos alternativos.
LIFT é unha organización de prestixio internacional sen ánimo de lucro, fundada en 1981, dirixida por artistas e adicada a potenciar a excelencia na creación cinematográfica a través da formación, a facilitación de recursos técnicos e de produción e na difusión de creacións neses formatos.
AC/E – Acción Cultural Española ten como obxectivo, entre outros, a organización e execución das exposicións, eventos e iniciativas de difusión e promoción das culturas de España e os profesionais vinculados a elas, que contribúan á súa proxección internacional e á creación de redes entre profesionais e institucións.
As Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC teñen como obxectivo continuar unha liña de traballo e investigación que procura a apertura de novos camiños para os creadores emerxentes, facilitando a creación de vías de intercambio cunha institución de relevancia internacional como o é a LIFT-Liaison of Independent Filmmakers of Toronto.
OBXECTIVOS, CAPACIDADE TRANSFORMADORA E PERSPECTIVA DE XÉNERO
BAICC é a única residencia internacional de creación cinematográfica en España.
O seu nacemento veu motivado polo desexo de ter no noso país un tipo de residencia artística para ese cinema que investiga novas linguaxes cinematográficas. É, pois, unha residencia que impulsa un cine máis artístico e autoral, que abre novas vías, brindando a posibilidade a un/unha cineasta español/a de desenvolver un proxecto nun entorno internacional exclusivo. Unha oportunidade realmente única.
Os resultados da residencia estréanse no (S8), o que da a oportunidade ao seu autor/a de presentar a súa obra ante o público internacional da Mostra e interactuar con él. O (S8) xera así o seu propio contido, ao programar o proxecto resultante destas residencias, á vez que potencia e apoia os novos talentos tanto económicamente como na súa traxectoria futura, dándolle un crédito como parte da programación do (S8) cara a que miran cada ano un gran número de entidades, eventos e profesionais de todo o mundo.
A selección de BAICC sempre foi paritaria: cun total de 3 cineastas mulleres e 3 cineastas homes.
O emprazamento desta residencia en Canadá, ofrece a oportunidade ás persoas beneficiarias de acceder a outras comunidades, así como abrir un espazo en novos entornos de traballo, e enriquecer así tanto á/ao beneficiario como ao entorno que habitará.
HISTORIAL
Tras unha exitosa primeira convocatoria con máis de 15 propostas recibidas, Relieves de Tono Mejuto foi o proxecto seleccionado a desenvolver durante cinco semanas no Liaison of Independent Filmmakers of Toronto. O resultado final puidose ver, en estrea mundial, durante a IX Mostra de Cinema Periférico (2018). A proposta presentada versaba ao redor da cidade e os seus ‘relieves’. Desde o pranteamiento de un rodaje y proyección cinematográfica estereoscópica en 16mm, se proponía un cine de observación, de pulso y ritmo. Un viaje alrededor de la vida del downtown de Toronto durante algunos días de invierno.
Propiedades de una esfera paralela de Valentina Alvarado foi o proxecto seleccionado para ser desenvolvido durante cinco semanas no LIFT (Canadá) na terceira convocatoria de BAICC. O resultado final foi proxectado, en estrea mundial, durante o (S8) XI Mostra Internacional de Cinema Periférico, que tivo lugar na Coruña do 27 de setembro ao 3 de outubro de 2020, fóra das datas habituais do festival que se moveron como consecuencia da irrupción da pandemia.
Frame Manoeuvres to Port de Bruno Delgado, do cal puidemos coñecer un adianto no (S8) XII Mostra Internacional de Cinema Periférico, foi o proxecto finalista da IV Convocatoria de BAICC. Debido ás restricións derivadas da covid, o proxecto foi desenvolvido en setembro de 2021 e estreado na XIII edición do (S8), que tivo lugar na Coruña do 27 de maio ao 5 de xuño de 2022.
Na súa V convocatoria, aberta en maio de 2021, BAICC seleccionou como finalista El sonido de las imágenes, un proxecto de Laura Moreno Bueno. Durante cinco semanas de febreiro e marzo de 2022, Moreno puido desenvolver no LIFT de Toronto o seu proxecto: unha performance cinematográfica en 16mm que utiliza micrófonos fotosensibles para traducir as imaxes a sons. O resultado do seu traballo puido verse no (S8) XIII Mostra Internacional de Cinema Periférico: do 27 de maio ao 5 de xuño de 2022, xunto á presentación do traballo de Bruno Delgado. Dous proxectos de BAICC, correspondentes á súa IV e V convocatoria, foron por tanto presentados o pasado ano en Estrea Mundial na décimo terceira edición do (S8). Celebración que incluíu tamén a apertura da súa VI convocatoria.
Durante o (S8) XIV Mostra de Cinema Periférico tivo lugar a estrea da peza de Álvaro Feldman Torontontero, beneficiaria das residencias BAICC na 6ª convocatoria. Feldman explorou as posibilidades do copiado óptico e distintas técnicas de revelado manual para conseguir unha diversidade de estruturas coas que construír a película, filmada en Toronto. Unha película o máis reversible posible que dese lugar a un mapa de imaxes que se repite infinitamente pero nunca da mesma maneira. Na performance resultante, Feldman continuou fragmentando e expandindo as imaxes, buscando descentrar a mirada para que puidese desprazarse libremente entre os múltiples encadres e reconstruír a película en cada momento, sen principio nin fin.
Latitude Mesh de Agnès Hayden, foi o proxecto elixido na pasada convocatoria de BAICC. En setembro de 2023, Agnès Hayden viaxou a Toronto para traballar nas instalacións do LIFT (Liaison of Independent Filmmakers of Toronto), no seu innovador proxecto enfocado na investigación da emulsión fotoquímica artesanal. Unha película que pon en diálogo distintas emulsións fotosensibles: Kodak Tri-X, película de alto contraste Kodak 3378 e unha emulsión propia, creada artesanalmente. Unha profunda investigación nas magnitudes físicas da película, marabillosamente expresada, que nos deixa desexosas da súa estrea mundial no (S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico, que terá lugar na Coruña entre o 31 de maio e o 9 de xuño de 2024.
SEGUIMENTO E TRAXECTORIA DOS PROYECTOS BENEFICIARIOS DE BAICC
O seguimento do proceso é constante. Realízanse durante a residencia 2 entrevistas: unha durante a creación da obra e outra na súa presentación no (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. A presentación supón presumiblemente unha apertura a novas oportunidades, tanto directas (cos profesionais que acoden) como indirectas, a través do descubrimento da obra resultante de BAICC por parte de programadores de todo o mundo que miran cara á Mostra e a súa programación cada ano. É o caso, por exemplo, de PMC- Proxecto Máquina de Coser do Colectivo Prismáticas, proxecto BAICC 2018, que tras o seu paso polo festival (S8) foi seleccionado por CA2M – Centro de Arte 2 de Mayo dentro do programa Cine Revelado, e, recentemente programado no MOMI de Nova York dentro da Mostra The Never Ending Screen of Val do Omar en marzo de 2023. Así mesmo, Relieves, proxecto da primeira edición, de Tono Mejuto formou parte da colección do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa despois de ser presentado no festival.
Propiedades dunha esfera paralela, proxecto de Valentina Alvarado beneficiario de BAICC en 2019, foi programado en Loop Barcelona, Xcèntric – CCCB, Filmoteca de Catalunya, A Escocesa de Barcelona e Los Angeles Film forum en 2023.
Frame Manoeuvres to port, de Bruno Delgado, proxecto BAICC 2020, participou en BilboArte, Wiels Bruxelas, La casa acesa, Punto de Vista, Tabakalera – San Sebastián, ZumZeig – Barcelona, INJUVE, Espazo de Arte Santa Clara do ICAS, Sevilla.
A última das pezas BAICC presentadas, El sonido de las imágenes de Laura Moreno Bueno, foi programada en Filmadrid 2022, despois da súa estrea no (S8) 2022.
Ademais da súa peza, Feldman tivo a ocasión, do mesmo xeito que Bruno Delgado en 2021, de realizar en Canadá unha proxección da súa obra ante un público exclusivo de filmmakers de Toronto, na Galería Pix Film, institución colaboradora do LIFT e do (S8), o que supuxo para ambos unha ocasión única de proxección internacional e feedback con artistas internacionais.
Logo da súa estrea no (S8) XIV Mostra de Cinema Periférico a peza de Álvaro Feldman beneficiaria das residencias BAICC na súa 6ª convocatoria, Torontontero, foi exhibida no mes de setembro no exf f. – tage des experimentellen films Frankfurt