BOLSAS eSe8_LAB
Xorden como apoio á realización de proxectos fílmicos na modalidade de premio económico, para facilitar aos nosos creadores e creadoras a produción e internacionalización dos seus proxectos nunha institución de prestixio internacional e o intercambio con outros autores no contexto da Unión Europea.
As Bolsas ese8_LAB están financiadas pola Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, grazas ás axudas a Laboratorios e Incubadoras de Creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
Para fortalecer a actividade formativa, o impulso á produción e o desenvolvemento do talento emerxente, o (S8), a través de ese8_LAB puxo en marcha estas bolsas artísticas en Europa. Con esta intención, nace a colaboración co BALTIC ANALOG LAB (BAL) de RIGA, un colectivo de artistas e un filmlab con sede en Riga, Letonia, que ten como obxectivo producir, ensinar e inspirar a un público proporcionando un espazo para a creación, a aprendizaxe e a formación.



Tras un proceso de selección, a Mostra outorgou na edición de 2022 dous premios para a realización de dous proxectos fílmicos baixo a modalidade de bolsa artística no BAL de Riga.
Esta colaboración entre o (S8) en Galicia e o BAL en Riga (Letonia) deron como resultado novas coproducións internacionais, inauguradas polas cineastas Helena Estrela (co seu proxecto Hot sun, late light) e María Pipla (co seu proxecto As time bends). Tanto Estrela como Pipla formaron parte da programación da edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña 2021, e volvérono a facer no 2023 cando estrearon mundialmente estas dúas pezas, resultantes das Bolsas ese8_LAB, no marco do festival.



PREMIOS eSe8_LAB
No pasado 2023, a Mostra lanzou cinco premios INPUT ao desenvolvemento, de 600€, que se concederon a cinco dos participantes nas Xornadas INPUT 2023 como un impulso final; e un premio INPUT á creación dotado con 3.000€, para a finalización dun proxecto e a súa posterior estrea na próxima edición do (S8) 2024.
Á conclusión do proceso de INPUT – Espazo de titorización e asesoramento de proxectos cinematográficos en desenvolvemento 2023, despois da última titoría online que mantiveron titorxs e titorizadxs, contactouse cxs titorxs desta edición, Albert Alcoz, Cloe Masotta, Giuseppe Spina, Helena Girón, Jessica Sarah Rinland e María Cañas, para realizar unha valoración final. Satisfeitas todas as partes do bo nivel dos proxectos participantes así como dos avances no proceso, acordouse estender o noso apoio aos proxectos de Nicole Remy, Beatriz Freire, Louise Martin Papasian e Celeste Rojas Mugica, Carmen Pedrero, Álvaro Gómez Pidal e Pablo Agma.



O proxecto de Nicole Remy, “CON CIERTA LUZ”, titorizado por Albert Alcoz, recibíu o premio á creación INPUT 2023, de 3.000€. E o resultado será estreado en primicia na próxima edición do (S8) 2024. Todos os demais, foron beneficiarios de senllos premios INPUT ao desenvolvemento, de 600€, para continuar traballando nos seus proxectos. Dous deles, Pablo Agma (con “HOMBRE DE PALO”) e Beatriz Freire (con “TÉXTIL EN EL MEDIO FÍLMICO”) terán tamén a súa estrea Mundial no (S8) 2024.
eSe8_LAB é un proxecto da Asociación Cultural sen ánimo de lucro eSe8, que se desenvolveu no marco do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, grazas á co-financiación da Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia a través do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales ICAA.