INPUT – ESPAZO DE TITORIZACIÓN PERSONALIZADO DE PROXECTOS CINEMATOGRÁFICOS EN DESENVOLVEMENTO
INPUT é un espazo de tutorización e asesoría de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde en 2017 da colaboración entre a Fundación Luís Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que os e as autoras teñen acceso a profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, con quen poder discutir acerca dos seus proxectos, desde o estado de escritura e desenvolvemento até o de distribución. Trátase de titorías individuais e personalizadas, onde o/o autor/a comparte os seus procesos creativos que son analizados polo/o mentor/a para buscar novas vías ou impulsar as xa existentes.
INPUT é unha das principais liñas de traballo de eSe8_LAB que organiza e impulsa actividades profesionais que inciden na modernización do sector repercutindo na promoción da nosa cultura, no ámbito estatal e internacional. O obxectivo destas xornadas é impulsar a profesionalización dos novos creadores potenciando a formación, vertebración e creación de redes dentro do sector cultural no noso país.
INPUT está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto de la Cinematografía e das Artes Audiovisuais e a Fundación Luís Seoane, conta coa participación de Afundación – Obra Social Abanca e de LAV – Laboratorio AudioVisual de Creación e Prácticas Contemporáneas.
HISTORIAL
Ao longo destas 7 edicións, 24 proxectos foron beneficiarios seleccionados en convocatorias abertas, proceso que lles abriu as portas a novos éxitos entre os que contamos: ser seleccionado en espazos profesionais de desenvolvemento, obtención de fondos, premios internacionais e estreas en festivais. A continuación detallamos o percorrido e algúns dos éxitos cultivados por proxectos participantes en INPUT:

2017
SÓS – Nico Fernández Millán
- Novos Cinemas #LAB 2018
- Miradas DOC – Foro de coprodución 2018

2018
RESERVA – Gerard Ortín
- Punto de Vista 2020. Sección Oficial
- Cinéma du réel 2020. Selección Internacional. PRIX DU COURT MÉTRAGE – Mention spéciale

REUNIÓN – Ilán Serruya
- Doclisboa 2018. Competencia Internacional
- Festival de Sevilla 2018. Revolucións Permanentes
- Festival Internacional Novos Realizadores 2019. Vibracións
- Una casa. Festival de Cine en Primera Persona 2019

2019
EL MÉDICO CURA – Maider Fernández Iriarte
- Fondo Goberno Vasco 2019
- Axuda do ICAA 2019
- Selección Berlinale Talents (sen proxecto) 2020

CRÍAS – Xiana do Teixeiro
- Axuda do ICAA

2020
CUANDO TODO UN ANIMAL – Ángel Filgueira
- Axuda da AGADIC
- Abycine Lanza 2021
- FICX PRO Gijón. Push and Play WIP 2021
- Estea Mundial en D’A – Festival de Cine de Barcelona 2023

NESE MOMENTO O AMOR FOI ESCURO E SÓ PUIDEN CHORAR – Aldara Pagán
- Seleccionado para ser beneficiaria do Máster de Creación da Elías Querejeta Zineskola
- Axudas da Xunta ao talento audiovisual 2021

2021
POSSIBLE FILM – Luis Lechosa
- Seleccionado polo IVAM de Valencia
- Seleccionado polo Máster de Creación LAV de Madrid
- Seleccionado polo Espazo de Creación Contemporánea de Burgos – La Estación
- Festival Punto de Vista 2023

2022
COMO UN BUZO MUERTO EN EL OJO DE DIOS – Rafael Guijarro
- Premiado coa Axuda Injuve para a Creación Nova 21/22. Cúmulos
- Exposto na Sala Amadís do 26 de xaneiro ao 14 de abril 2023

2023
TÉXTIL EN EL MEDIO FÍLMICO – Beatriz Freire
A súa materialización DESCARTES LAV foi
- Exhibida en Punto y Raya Festival 2023
- Exhibida en Doc’s Kingdom 2023
- Seleccionada para a 17ª edición do festival PROYECTOR

EL HOMBRE DE PALO – Pablo Agma
- Terá a súa Estrea Mundial na presente 15ª edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico
A presente edición de INPUT 2024 acollerá 4 proxectos e 4 profesionais de prestixio internacional para asesoralos. Ademais ampliará o seu proceso de seguimento, con titorías online, máis alá das datas do festival.