FALAMOS COS 3 PROTAGONISTAS DAS BOLSAS eSe8_LAB E A RESIDENCIA BAICC 2022/23

Xuñ 1, 2023 | Destacados, Novas

Desde o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico estamos a conseguir o noso propósito de ampliar o noso apoio á creación, desenvolvemento e profesionalización para aquelxs cineastas que apostan por un cinema de vangarda en formatos analóxicos (Super8, 16mm). Alégranos, por tanto, anunciar que o próximo xuño serán 3 os proxectos que verán a súa estrea mundial na nosa décimo cuarta edición, que se celebrará na Coruña do 27 de maio ao 4 de xuño de 2023.

Tres pezas que son o resultado da súa particular experiencia no desenvolvemento dunha residencia artística nunha institución de prestixio internacional: como son o LIFT de Toronto, no caso de BAICC – Residencias Artísticas de Creación Cinematográfica e o Baltic Analog Lab de Riga no caso das BOLSAS eSe8_LAB. O tres son traballos impulsados polo (S8) durante o pasado 2022 e formarán parte este ano da nosa programación. 

A través destas entrevistas a cada un destes 3 artistas beneficiarios queremos achegarvos os detalles destes proxectos e as súas respectivas experiencias no desenvolvemento das residencias. 

Lembrámosvos que proximamente se abrirán a VII Convocatoria de BAICC para a realización dunha peza en formato analóxico (Super8 16mm) no LIFT (Toronto) durante 4-6 semanas do próximo mes de setembro, e a II Convocatoria das Bolsas ese8_LAB para a realización dunha obra de cinema expandido na capital letona en colaboración co BAL durante o próximo verán. Estade atentas!

Consulta aquí toda a información sobre as BAICC RESIDENCIA ARTÍSTICA INTERNACIONAL DE CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA e as BOLSAS ese8_LAB.

ENTREVISTA A ÁLVARO FELDMAN: PARTICIPANTE DAS RESIDENCIAS ARTÍSTICAS BAICC 2022/23

Torontontero, de Álvaro Feldman foi o proxecto elixido a pasada convocatoria de BAICC – Residencia Artística Internacional de Creación Cinematográfica promovida polo (S8) xunto a AC/E e o LIFT. En setembro  de 2022, Álvaro viaxou a Toronto para traballar nas instalacións do LIFT (Liaison of Independent Filmmakers of Toronto), para rexistrar a cidade e debuxar un todo a partir de fragmentos e repeticións en loop, experimentar co copiado óptico, descubrir aos “dinosauros que viven na escuridade” e dar forma a unha película sen principio nin fin,  a súa rumba canadense. Falamos con el de todo iso e da “tensión” cativadora do cinema expandido. O filme performance resultante desta residencia poderá verse na Coruña o próximo xuño no XIV (S8).

Aquí podes ler a entrevista completa a Álvaro Feldman

ENTREVISTA A HELENA ESTRELA: BENEFICIARIA DAS BOLSAS eSe8_LAB

O pasado 2022 inauguráronse as Bolsas ese8_LAB para o desenvolvemento de proxectos cinematográficos nunha institución de prestixio en Europa, financiadas pola Unión Europea – NextGenerationEU como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Dous proxectos foron seleccionados para ser desenvolvidos durante cinco semanas no Baltic Analog Lab de Riga: 

Un deles foi o de Helena Estrela, que xiraba ao redor do sol e a súa observación. Todo va a fallar (cuxo título orixinal era Hot sun, late light) é o reflexo dos retos que aborda un artista durante unha residencia artística, dos contrastes que achega ao seu traballo cambiar espazo habitual, das oportunidades que brinda o privilexio do factor tempo e de como aproveitar todo iso para explorar novas metodoloxías e procesos creativos. Un traballo de investigación que evolucionou e segue vivo, reorientándose como un xirasol.

Aquí podes ler a entrevista completa a Helena Estrela

ENTREVISTA A MARÍA PIPLA: BENEFICIARIA DAS BOLSAS eSe8_LAB

‘As time bends’ de María Pinell Plana (María Pipla) fue el otro proyecto beneficiario de las BECAS eSe8_LAB para ser desarrollado durante cinco semanas en el Baltic Analog Lab de Riga:.  Hemos hablado con ella de su proceso de creación, una exploración del tiempo y de su diálogo entre las posibilidades del cuerpo y de los dispositivos fílmicos cuyo desarrollo en el BAL supuso una oportunidad para hacer una inmersión total en el proceso del revelado manual. ‘As time bends’, como los proyectos anteriores, tendrá su estreno mundial en el XIV (S8), el próximo junio de 2023 en A Coruña. 

Aquí podes ler a entrevista completa a María Pipla 

PUBLICACIÓNS RECENTES